publicidade hoxe

Obradoiros na Arzúa para fomentar a participación activa das mulleres con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O martes, 17 de xuño, de 9:30 a 13:30 horas, na aula 4 do recinto feiral Terra do Queixo de Arzúa, 15 mulleres desta comarca van participar nun obradoiro sobre o liderado das mulleres con discapacidade e o seu empoderamento, que lles imparte a Psicopedagoga de ACADAR, María Rial.

Financiado pola Deputación de A Coruña, esta acción formativa é a terceira que imparte a entidade, sendo as anteriores en A Coruña, en Ferrol e a última, prevista para o 26 de xuño, será en Boiro.

A asociación ACADAR incide na capacitación das mulleres nos distintos ámbitos e áreas de participación social como son o emprego, a saúde, a maternidade, a sexualidade, a vida independente, os medios de comunicación e o tratamento e visibilización que lle outorgan á muller con discapacidade, a violencia de xénero e o liderado. Para isto, durante estes obradoiros traballaranse as inquedanzas persoais, o significado do liderado e as capacidades individuais de cada unhas das mulleres que asisten.

Estes seminarios serven para capacitar ás mulleres con discapacidade, proporcionarlles argumentos e ferramentas para que se sintan valoradas, para que decidan por elas mesmas, xa que non debemos esquecer que existe unha dobre discriminación: por ser muller e por ter discapacidade.

16 de xuño de 2014 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.