publicidade hoxe

O II Tríatlon de Moaña contará con trescentos participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMoaña
A-
A+

Mañá sábado día 28 de xuño celebrarase o II Tríatlon Concello de Moaña con 300 deportistas inscritos (que foi o número máximo marcado pola organización). É unha proba popular que move a gran número de participantes e ademais cun alto nivel competitivo. As distancia son sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe) e a proba comezará ás 17:00 horas. Entre os participantes destacan Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo), Pedro Esmorís (Muralla de Lugo), Iris Soto (Galaico) ou Adriana Barraza (Muralla de Lugo).

27 de xuño de 2014 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.