publicidade hoxe

O I Encontro de Cacharreiros en Niñodaguia amosará o traballo dos oleiros galegos

A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organiza mañá sábado e o domingo o I Encontro de Cacharreiros en Niñodaguia, que se celebrará no Museo-Obradoiro da Olería de Xunqueira de Espadanedo.

O evento, que se desenvolverá en horario de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas, acollerá demostracións e venda de pezas de oito artesáns representantes dos diferentes centros oleiros existentes na actualidade en Galicia (Gundivós, Bonxe, Niñodaguia e Buño), así como oleiros contemporáneos e telleiros.

Os participantes neste I Encontro de Cacharreiros son Agustín Vázquez e Enrique Cabana representando ao centro oleiro de Niñodaguia (Ourense); Elías González do centro oleiro de Gundivós (Lugo); Josefa Lombao do centro oleiro de Bonxe (Lugo); José Antonio Añón de Buño (A Coruña); Nano Unzueta como representante da olería contemporánea (Brión, A Coruña); O Buraco en representación do oficio dos telleiros tradicionais (O Rosal, Pontevedra) e Francisco Casas que se achega desde Toledo para amosar a súa olería castelá.

13 de xuño de 2014 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.