publicidade hoxe

O CPI Fonte Díaz de Touro celebra o seu 40º aniversario o 8 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

Alumnos, ex alumnos, profesores, ex profesores e pais e nais participarán o próximo domingo, 8 de xuño, na celebración do corenta aniversario do CPI Fonte Díaz de Touro. A Asociación de Nais e Pais de Alumnos teñen xa todo listo para a celebración. As actividades do vindeiro domingo comenzarán ás 10.15 horas cunha representación do grupo de English in Motion na sala de audiovisuais do colexio.

Para as 10.45 horas está programada unha representación teatral a cargo dos grupos do colexio. Tamén será na sala de audiovisuais. E no mesmo lugar pero ás 11.45 haberá outra representación do grupo de Música e Movemento. Os rapaces da Escola de Patinaxe teñen programada una exhibición ás 12.15 horas no Polideportivo e ás 13.00 horas está prevista a actuación da Banda Municipal de Touro. Durante toda a mañán poderán verse os traballos do grupo Pintura Urbán. Os asistentes, no remate das actividades, poderán disfrutar dun pincho. E os que o desexen tamén poderán participar no xantar de alumnos, ex alumnos, profesores e ex profesores

6 de xuño de 2014 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.