publicidade hoxe

O Concello de Val do Dubra acolle a II Camiñada Solidaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

O Concello de Val do Dubra acolle o vindeiro domingo, día 29 de xuño, a II Camiñada Solidaria a beneficio de Avante, asociación de persoas con discapacidade vinculada a Cogami e que conta cun centro neste concello desde o ano 2005. A camiñada está organizada por esta organización e polo S. D. Dubra. Será un percorrido de 10 quilómetros polos máis belos lugares de Val do Dubra. A saída está prevista para as 9.30 horas da área recreativa, onde estará instalada unha urna para que os participantes na marcha poidan depositar os donativos. Finalizará no mesmo lugar. Os interesados en participar poden anotarse na páxina facebook do S.D. Dubra ou na cafetaría Reyva.

 

27 de xuño de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.