publicidade hoxe

O Concello de Tordoia inaugura a Travesía da Tarroeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+

O pasado sábado día 7, foi inaugurada a Travesía de A Tarroeira na parroquia de Castenda onde se descubriu unha placa.

Esta obra, feita por fases e iniciada fai catro anos, dota de saneamento, recollida de pluviais, canalización de auga e alumbrado público, así como aceras nunha lonxitude de 1.700 metros e unha inversión de máis de 650.000 €, financiado polo propio Concello, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia.

Os veciños amosaron o seu agradecemento organizando unha pulpada a que asistiu o alcalde D. Antonio Pereiro, varios concelleiros e o deputado provincial D. Xosé Dafonte.

9 de xuño de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.