publicidade hoxe

O Concello de Culleredo cambia de sitio as actuacións desta semana pola previsión de mal tempo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo leva esta a música instrumental ás rúas do municipio. Tras o primeiro concerto celebrado no Xardín Botánico, a Concellería de Cultura programara outros dous para a praza de Europa do Burgo, un dos lugares máis concorridos de Culleredo.

Sen embargo, a previsión de malas condicións meteorolóxicas para este xoves e venres leva ao goberno local a variar o emprazamento para asegurar a celebración da actuacións. Serán no auditorio do Conservatorio Municipal, no Burgo.

A programación queda da seguinte forma:

– Xoves 5 de xuño, 20.30 horas. Auditorio do Conservatorio: Banda do Conservatorio “Xan Viaño” de Ferrol.

– Venres 6 de xuño, 20.30 horas. Auditorio do Conservatorio: Orquestra do Conservatorio de Culleredo.

4 de xuño de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.