publicidade hoxe

O centro socioculural de Santiso, en O Pino, estará finalizado este mesmo ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaO Pino
A-
A+

O presidente da Deputación, Diego Calvo, visitou hoxe o concello de O Pino e asinou co seu alcalde, Manuel Taboada, un convenio polo que a Deputación achegará o 80% do orzamento necseario para a construción do novo local sociocultural de Santiso, na parroquia de Castrofeito. En concreto, a Deputación da Coruña facilitará 161.268,8 euros dos 201.586, que custa levantar o edificio.

Para Diego Calvo este proxecto ven a demostrar o compromiso da Deputación con todos os concellos e veciños da provincia ao financiar obras coma esta, da que se beneficiarán os residentes no entorno de Castrofeito. De feito, os veciños da parroquia puideron asistir á firma do convenio entre o alcalde e Diego Calvo, que lles explicaron de primeira man en qué consiste a obra. O edificio, que estará listo antes de que remate o ano, terá unha única planta baixa, dúas aulas multiusos, almacén, recepción e aseos adaptados.

Manuel Taboada, pola súa banda, destacou o “tempo récord” co que a Deputación levou a cabo esta iniciativa, coa que xa colaborou para a compra das parcelas. A institución provincial financiou o 80% da inversión necesaria para a adquisición das fincas onde agora se executará o centro. En concreto, adquiríronse por 119.648,74 euros (95.718,99 correspondentes á institución provincial) dúas fincas de 686 y 618,50 metros cadrados, xa urbanizadas e con todos os servizos, incluídas as beirarrúas.

En total, a Deputación investiu 256.987,79 euros neste proxecto, do que agora poderán gozar os veciños da parroquia, que se mostraron agradecidos polo compromiso.

5 de xuño de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.