publicidade hoxe

O 20 de xuño finaliza o prazo para anotarse no campamento de verán de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O vindeiro venres, 20 de xuño, finaliza o prazo para apuntarse ao Campamento de Verán 2014 organizado polo Concello de Touro. As datas do Campamento de Verán, que terá lugar no Campamento Xuvenil A Devesa de Ribadeo, serán do 2 até o 13 de agosto. O prezo é de 42,38 euros. E para obter máis información: Concello de Touro ou no teléfono 981.504.029. A documentación necesaria: declaración de saber nadar, cuestionario médico-sanitario, copia do DNI ou Libro de Familia, copia do cartón sanitario e fotografía.

18 de xuño de 2014 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.