publicidade hoxe

Música, literatura e arte recalan na Arzúa esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa coas actividades deseñadas para este mes cunha fin de semana protagonizada pola música, literautra e arte.

A Capela da Madanela será o epicentro cultural desde o xoves, día 12, cando teña lugar un recital dos alumn@s de Canto da Escola Municipal de Música ás oito e media da tarde. Pecharán o presente curso cun concerto aberto a todos os públicos nun espazo caracterizado pola súa boa acústica.

O venres 13 levarase a cabo no mesmo lugar a presentación do libro ‘Remontar o río’ de Helena Villar Janeiro. Será ás oito da tarde cando se dea a coñecer ante o público arzuán un poemario moi singular e ilustrado por Luz Darriba.

Ademais, a Capela continúa acollendo a exposición colectiva de artistas locais ata o vindeiro día 15 en horario de sete a nove do serán. Nela pódense ver os traballos de catorce artistas de Arzúa e a nova colección de esculturas de Óscar Aldonza, titulada ‘Materia metamorfósis’.

Por outra banda, o programa ‘Música no Camiño’ continúa ofrecendo concertos gratuítos nas fins de semana. Despois dos acústicos de Aldara, chega o rap en galego do grupo ‘La hostia en verso’ que ofrecerá dúas sesións, unha o venres ás oito e media e outra o sábado ás sete. Ambas as dúas na Praza de Galiza.

11 de xuño de 2014 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.