publicidade hoxe

Meaño e Cambados disputarán a terceira edición da Ruta do Albariño para ciclistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosDeportesMeaño
A-
A+

O próximo fin de semana disputarase nos concellos de Meaño e Cambados a terceira edición da Ruta do Albariño para ciclistas das categorías Junior e Sub 23 baixo unha iniciativa da Federación Galega de Ciclismo que trata de compatibilizar a participación dos mozos de 17,18 e 19 anos que, coa maioría de idade, sepáranse co cambio de categoría.

A proba organizada pola FGC en colaboración co C.C. Cambados, constará de dúas etapas. A primeira o sábado, 21 con dous sectores, unha primeira cronoescalada, ás 11 da mañá, ao Alto de Busto , desde o concello de Meaño, de 2 quilómetros de dura subida. Pola tarde unha etapa en liña con saída e chegada a Meaño, con pasos por Dena, O Grove, San Vicente do Mar, Portonovo, Sanxenxo e Nantes.

Xa o domíngo será Cambados quen acolla a etapa cun circuíto de 23 Km. ao que haberá que dar 3 voltas con pasos por Pontearnelas e Ribadumia e o paso puntuable para o Premio da Montaña por Padrenda.

Confirmaron a súa presenza os equipos Zugor.- Arte en Transfer de León, Muta de Levante de Alcoy e o Sanse Spiuk de San Sebastián de los Reyes conxuntamente coa totalidade do pelotón junior e sub 20 galegos que reunirá a máis de 70 corredores.

18 de xuño de 2014 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.