publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Licitadas as actuacións de reforzo de firme en treitos da estrada Taboada-Monterroso e do corredor Monforte-Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLalínLocal PortadaMonforte de LemosMonterrosoTaboada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación de dous proxectos de reforzo de firme en treitos das estradas Taboada-Monterroso (LU-212) e Monforte-Lalín (CG-2.1), así como doutras dúas vías que parten deste último.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou que a Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), achegará un importe de máis dun millón de euros para executar estas obras de mellora de seguridade viaria nas citadas estradas lucenses.

Por unha parte, a estrada LU-212 encádrase dentro da Rede Secundaria da Xunta de Galicia e distintos treitos precisan de actuacións de reforzo do firme. Para isto, o departamento de Medio Ambiente avaliará de xeito global a estrada e posteriormente actuarase naqueles tramos onde sexa necesario, segundo expuxo a delegada.

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) ten previsto un orzamento de máis de 550.000 euros para a execución destas obras que incrementarán a seguridade viaria nesta zona. Os traballos de rehabilitación do pavimento está previsto que se prolonguen durante seis meses, aproximadamente. Esta estrada, cunha lonxitude de 8,7 km, será obxecto de traballos que consistirán no fresado, estendido de formigón asfáltico e colocación de sinalización.

Traballos no corredor a Lalín

Por outra parte, na comarca de Lemos varios treitos de distintas estradas tamén serán obxecto dos traballos de reforzo do firme. Trátase das estradas Escairón- Escairón Leste (LU-615), Escairón Oeste-Escairón (LU-616) e o corredor Monforte- Lalín (CG-2.1), ao seu paso polos concellos de Monforte, Pantón e Saviñao.

Para levar a cabo estes traballos, Raquel Arias explicou que “se estudará o estado actual do firme de todas as citadas vías, acotando os tramos que presentan un maior esgotamento estrutural para posteriormente proxectar a actuación adecuada de rehabilitación”. Así, defínese a rehabilitación do pavimento nos treitos máis deteriorados do corredor e de dúas estradas que parten deste, mediante o fresado localizado e reposición do firme ou ben mediante a extensión de microaglomerado.

A Xunta, a través deste tipo de actuacións, pretende dotar aos concellos galegos dunhas infraestruturas viarias máis seguras e confortables para os usuarios, rebaixando así os riscos de accidentes, segundo concluíu Arias.

18 de xuño de 2014 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.