publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputados os dous presuntos autores de incendios forestais en Camariñas e Vilaboa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñasPortada dereitaSucesosVilaboa
A-
A+

A Policía Autonómica da Xefatura Provincial de Santiago de Compostela vén de informar da imputación do presunto autor dun incendio forestal no concello coruñés de Camariñas. Por outra banda, axentes da Xefatura Provincial de Pontevedra informan da imputación do presunto autor dun incendio forestal impudente, desta volta no concello pontevedrés de Vilaboa.

No caso do concello coruñés, o lume tivo lugar o pasado mércores 11 de xuño debido a unha neglixencia mentres se realizaban labores de mantemento nun aeroxenerador. No incendio resultaron afectados uns 1.000 metros cadrados de monte raso.

En Vilaboa, concello pertencente a provincia de Pontevedra, o lume tivo lugar o pasado xoves 12 de xuño, na zona de Casfalcón, na parroquia de San Martiño. Como consecuencia do incendio, resultaron afectados 2.400 metros cadrados de superficie arborada e 200 metros cadrados de raso. O incendio foi motivado por un escape de queima forestal, ao non adoptarse as medidas preventivas básicas necesarias para facer a queima.

En ámbolos dous casos, se desprazaron ata o lugar dos feitos o persoal de extinción de incendios da Xunta, que actuaron na labor de extinción dos dous lumes, evitando que as lapas se propagasen máis e o dano fose maior.

Na actual campaña anti-incendios forestais, xa foron 60 as persoas detidas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

16 de xuño de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.