publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputadas tres persoas coma presuntas autoras de incendios forestais en Narón e Oza dos Ríos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarónOza/CesurasPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Policía Autonómica imputou a tres persoas coma presuntos autores de incendios forestais en Narón e Oza dos Ríos, na provincia da Coruña.

O grupo de Investigación de incendios da Xefatura Provincial da Coruña, imputou a un veciño de Narón coma presunto autor dun delito de incendio forestal o pasado 1 de xuño, cando o imputado realizaba unha queima sen adoptar as medidas de prevención preceptivas no mesmo concello de Narón. As lapas, axudadas por un forte vento, propagáronse sen control, sendo extinguidas polo persoal de incendios da Xunta de Galicia. Polos feitos foron tramitadas dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ferrol (A Coruña),

O mesmo grupo de investigación da Policía Autonómica imputou a dous veciños coma presuntos autores dun delito de incendio forestal no lugar de Bandoxa-San Martiño (Oza dos Ríos), o pasado día 1 e que afectou a unha 31.400 metros cadrados de monte arborado. Para a súa extinción foi precisa a intervención do persoal antiincendios da Xunta de Galicia. Polos feitos foron tramitadas dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Betanzos (A Coruña)

Na actual campaña antiincendios forestais do 2014, 58 persoas foron detidas ou imputadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

9 de xuño de 2014 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.