publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputada a presunta autora dun incendio forestal en Coles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaColesLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

A policía Autonómica da Xefatura Provincial de Ourense vén de informar da imputación da presunta autora dun incendio forestal, no concello ourensán de Coles.

O lume tivo lugar na tarde do pasado luns 2 de xuño e resultaron afectados uns 1.500 metros cadrados de raso. O incendio foi causado por un escape de queima, ao non adoptarse as medidas de prevención establecidas pola normativa.

Ata o lugar dos feitos se desprazou o persoal de extinción de incendios da Xunta, que actuaron na labor de extinción do lume, evitando que as lapas se propagasen máis e o dano fose maior.

Na actual campaña anti-incendios forestais, xa foron 55 as persoas detidas pola Policía da Xunta, como presuntas autoras de incendios forestais.

6 de xuño de 2014 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.