publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Homenaxe ao xornalista Enrique Beotas falecido no accidente do tren Alvia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaMondariz-BalnearioPontevedraPortada dereita
A-
A+
Homenaxe a Enrique Beotas en Mondariz Balneario

Homenaxe a Enrique Beotas en Mondariz Balneario

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe a “mestría en saber escoitar” coa que Enrique Beotas achegou a Galicia unha nova provincia formada cun “surtido inesgotable de humanidade”. “Como se quixese contrarrestar a nosa minguante demografía, Enrique aumentaba o censo de galegos ilustres con novas incorporacións”, apuntou.

Durante a súa intervención no acto de homenaxe ao xornalista, falecido no accidente do tren Alvia o pasado 24 de xullo en Santiago, o mandatario autonómico sinalou que Beotas “é un Platón ou un Jenofonte trasladado ao periodismo, que base a súa mestría en saber escoitar”, e que tiña por armas “unha inesgotable curiosidade polo ser humano e a capacidade para facer que el se sinta o centro do universo durante as entrevistas”.

“Ninguén –engadiu- puido superar esa técnica que o situaba nun prudente segundo plano, para realizar esporádicas aparicións nas que aproveitaba para suxerir, insinuar ou dar pé, sempre cunha admirable sutileza”. E salientou que Enrique Beotas lles proporcionou aos habitantes da súa sexta provincia “unha patria da que non queren irse, quizais porque sempre pertenceron a ela sen sabelo”.

No acto que se celebrou en Mondariz Balenario, o mandatario autonómico expresou o seu desexo de que a orfandade que deixa Beotas non se estenda ao xornalismo e mostrouse partidario de que prolifere a forma que tiña o homenaxeado de afrontar a profesión. “Curiosidade, respecto, capacidade para captar e rescatar o bo, empatía cos demais. Non creo que estes sexan valores caducos, senón principios vixentes”, concluíu.

28 de xuño de 2014 | 11:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.