publicidade hoxe

Guía Peñín destaca a proxección dos viños brancos do Ribeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRibadavia
A-
A+

A D.O. Ribeiro recibiu hoxe a Javier Luengo e Pablo Vecilla, dous catadores do equipo de cata da Guía Peñín de Vinos de España. Os dous especialistas tras probar preto de 100 referencias entre viños brancos e tintos da Denominación de Orixe Ribeiro para a Guía de Vinos Peñín, que este ano cumpre 25 anos,trasladan que “é un ano máis fresco que o pasado, cunha acidez bastante alta e no que destacamos os viños cun maior percorrido en botella”. Así mesmo declararon que “os vinos con variedades preferentes, primando a Treixadura, é a liña a seguir polas adegas da Denominación de Orixe. En canto aos viños fermentados en barrica valórase o seu correcto equilibrio entre a froita e a barrica. E por último os viños tintos defínense polo seu marcado carácter atlántico”.

O equipo da Guía Peñín cata sempre nas instalacións dos consellos reguladores, iniciando no mes de xaneiro o periplo de viaxes por toda a xeografía española. Catar nas zonas de produción, segundo os prescriptores, beneficia ao proceso de cata por partida tripla. Por unha banda, mantense o contacto cos responsables técnicos dos consellos reguladores, neste caso o director técnico, Pablo Vidal, o cal facilita toda a información necesaria sobre determinadas variedades, procedementos de vendima,  variables climáticas do ano… Unha información moi útil para os catadores. Ademais diso, catar tódolos viños xuntos dunha Denominación de Orixe permite interpretar de xeito máis efectiva a ‘tipicidade’ da zona, ao tempo que permite agrupar por anadas, tipos, a fin de extraer unha información específica da zona en cuestión. E por último, a concentración de viños por DDOO permite parcelar as catas por zonas, facendo o proceso máis ordenado e tamén viable. Así pois, o equipo de cata da Guía Peñín trata de posicionar a cata do viño no contexto ao que pertence: zona de produción, anada, variedades e crianza.

3 de xuño de 2014 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.