publicidade hoxe

Frades abre o prazo de inscrición nun curso para obter o graduado en ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades abre o prazo de inscrición nun curso para poder obter o título de graduado en Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), promovido conxuntamente polos Concellos de Frades e de Mesía. Trátase dun curso dirixido a alumnos e alumnas de 18 ou máis anos que queiran presentarse ás probas extraordinarias convocadas para o próximo mes de setembro pola Dirección Xeral de Educación. O número de prazas é limitado e o prazo de inscrición estará aberto no Concello de Frades ata o vindeiro 24 de xuño. Máis información e anotacións no teléfono 981 695 567.

4 de xuño de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.