publicidade hoxe

Fisterra, Cee e Corcubión contarán cun obradoiro de emprego para 20 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCeeCorcubiónFisterra
A-
A+
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, financiará a posta en funcionamento dun obradoiro de emprego conxunto entre os concellos de Fisterra, Cee e Corcubión, que beneficiará a 20 persoas desempregadas.

Así llelo comunicou esta mañá a delegada territorial do Goberno galego, Belén do Campo, aos representantes municipais destes tres concellos, nunha reunión onde lles informou da proposta de resolución destas axudas do departamento autonómico. Ao encontro tamén asistiu a xefa territorial de Traballo e Benestar, Pilar Caridad.

O Executivo galego investirá preto de 178.00 euros en poñer en marcha este proxecto mixto de formación e emprego, que se especializará en labores de xardinería e de confección e publicación de páxinas web, centrando a súa actividade na posta en valor da ruta Muxía-Fisterra. Os participantes disporán así dunha formación de calidade, ao tempo que contarán cun posto de traballo. Ademais, segundo indicou Do Campo, estas iniciativas permiten desenvolver labores de interese para a comunidade.

A Xunta porá en marcha nos próximos meses un total de 53 obradoiros por toda Galicia, que contarán cun investimento de 10,2 millóns de euros e beneficiarán a preto de 1.300 galegos e galegas. En concreto, na provincia da Coruña financiaranse 15 iniciativas mixtas de formación e emprego (nas que participarán 32 concellos) e que contarán cun total de 315 alumnos e un investimento superior aos 2,8 millóns de euros.

20 de xuño de 2014 | 15:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.