publicidade hoxe

Fernando Vázquez entregará os trofeos do VII Torneo F-8 Alevín e V Torneo F-8 Benxamín de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTouro
A-
A+

O campo de fútbol de Loxo acollerá o próximo sábado, día 14 de xuño, o VII Torneo F-8 Alevín Concello de Touro e o V Torneo F-8 Benxamín Concello de Touro. Fernando Vázquez, entrenador do Deportivo da Coruña, equipo recén ascendido á Primeira División do fútbol español, fará entrega dos trofeos aos campións. Será a partir das 21.00 horas.

Os torneos comenzarán a disputarse ás 10.00 horas. Haberá partidos durante toda a xornada do sábado. Arredor de 200 rapaces e rapazas de equipos de toda a zona acudirán a competir ao campo de fútbol de Loxo. Está previsto que no campeonato benxamín participen os seguintes equipos: SD Touro, Bertamiráns, San Mamede, Cire Melide, CD Aríns. E no torneo de alevíns acudirán SD Touro, EF Silleda A, EF Silleda B, SD O Pino, Cire Melide, SD Cruces, San Mamede e CD Aríns.

Os partidos, na súa fase final, terán dous tempos de 15 minutos cada un. A partir das 20.00 horas disputaranse as finais. E está previsto que arredor das 21.00 horas se faga entrega dos trofeos aos gañadores. E tamén aos finalistas. Será Fernando Vázquez, natural de Castrofeito, quen entregará as copas aos mellores equipos. Tamén acudirán as autoridades locales, encabezadas polo alcalde, Ignacio Codesido, e pola concelleira de Deportes de Touro, Adela Iglesias.

12 de xuño de 2014 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.