publicidade hoxe

Fernando Vázquez entrega a copa ao E.F. Silleda A e ao Bertamiráns nos torneos de fútbol de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTouro
A-
A+
Fernando Vázquez na entrega de premios

Fernando Vázquez na entrega de premios

O adestrador do Deportivo, que a próxima tempada militará en Primeira División, Fernando Vázquez, entregou este fin de semana en Touro a copa aos finalistas do VII Torneo F-8 Alevín Concello de Touro e do V Torneo F-8 Benxamín Concello de Touro, disputados no campo de fútbol de Loxo, no Concello de Touro. O E. F. Silleda A fíxose co VII Trofeo F-8 Alevín Concello de Touro nunha disputada final fronte ao Cire Melide, campión do pasado ano. O partido finalizou cunha vitoria pola mínima do equipo de Silleda (1-0). Previamente, en semifinais, o E. F. Silleda A desfíxose do S.D. Cruces ao que venceu por un 2-1. E o Cire Melide gañara ao S.D. O Pino na quenda de penaltis, tras finalizar o tempo regulamentario cun empate 1-1.

Pola súa banda, o equipo do Bertamiráns gañou o V Trofeo F-8 Benxamín Concello de Touro. Disputou a final fronte ao Cire Melide. O resultado foi 4-2. Nas semifinais o Bertamiráns derrotara 5-3 ao San Mamede. E o Cire Melide gañara 3-1 ao Aríns.

O Concello de Touro pretende fomentar a práctica do deporte entre os máis novos. Esta iniciativa dos torneos F-8 para os máis novas conta con respaldo dos equipos participantes e de público. Durante o pasado sábado pasaron polo campo de fútbol de Loxo uns 200 mozos participantes na competición. O éxito do torneo estivo tamén avalado polo público que encheu as bancadas e animou aos xogadores nunha asollada xornada de deporte basee. Esta cita está xa consolidada como unha referencia no F-8 das categorías alevín e benxamín. O adestrador Fernando Vázquez tamén ten a deferencia de acudir a ver os partidos e a entregar os trofeos. O míster do Dépor é natural de Castrofeito, unha localidade moi próxima a Touro.

Clasificación Alevín:

1º E.F. Silleda A

2º Cire Melide

3º S.D. O Pino

4º S.D. Cruces

5º C.D. Aríns

6º San Mamede

7º E.F. Silleda B

8º S.D. Touro

Xogador máis destacado. Alberto Pampín Rendo (S.D. Touro).

Clasificación Benxamín:

1º Bertamiráns

2º Cire Melide

3º San Mamede

4º C.D. Aríns

5º S.D. Touro

Xogador máis destacado : Jaime Pan Pérez-Puyol (Bertamiráns).

16 de xuño de 2014 | 14:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.