publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Falece o presunto autor dos disparos a un pai e ao seu fillo en Cervantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLugoPortada dereitaSucesos
A-
A+

O octoxenario que supostamente disparou o pasado venres a dúas persoas –un pai e o seu fillo– na localidade lucense de Cervantes faleceu este xoves, segundo informaron fontes da investigación.

   O presunto autor do tiroteo, M.F.F., de 87 anos, atopábase na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Universitario Lucus Augusti en estado grave dende o pasado venres e faleceu este xoves.

   Pola súa banda, o mozo de 21 anos R.G.C, que recibiu dous impactos de bala, permanece ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e o seu pai, J.G.G., no HULA.

   A Garda Civil prosegue as pescudas para esclarecer as circunstancias nas que se produciron os feitos sobre as 11,30 horas do venres, no marco dunha discusión na que, supostamente, o octoxenario disparou os outros dous varóns e, posteriormente, tratou de suicidarse

26 de xuño de 2014 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.