publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguidos os incendios forestais de Rubiá e Ribadeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaRibadeoRubiáSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción dos dous lumes forestais rexistrados no concello ourensán de Rubiá. En ningún dos dous casos o lume afectou ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

O lume que se iniciou na parroquia da Veiga de Cascallá quedou extinguido onte ás 20:05 horas. Afectou, segundo estimacións provisionais, a unha superficie de 47,96 hectáreas, das cales 43,46 son de monte raso e o resto arborado. Nos traballos de extinción participaron 5 axentes forestais, 11 brigadas, 3 motobombas, 6 helicópteros e 2 avións.

O incendio rexistrado onte na parroquia do Porto quedou extinguido ás 20:09 horas e afectou, segundo estimacións provisionais, a unha superficie de 83,75 hectáreas de monte raso. Nos labores de extinción traballaron 4 axentes forestais, 11 brigadas, 3 motobombas, 6 helicópteros e 2 avións.

Incendio en Ribadeo

Por outra banda, a Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do lume forestal rexistrado no municipio lugués de Ribadeo, na parroquia da Devesa.

O lume iniciouse o pasado martes, 17 de xuño, ás 19:29 horas e quedou finalmente extinguido onte ás 21:00 horas da noite. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 19,5 hectáreas, das cales 16 son arboradas e o resto monte raso. Nos traballos de extinción participaron 1 técnico, 8 axentes forestais, 20 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 2 avións e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

19 de xuño de 2014 | 10:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.