publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Destínanse 360.000 euros a dous obradoiros na comarca de Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOza/Cesuras
A-
A+
Beatriz Mato en Oza-Cesuras

Beatriz Mato en Oza-Cesuras

A Consellería de Traballo e Benestar desenvolverá dous obradoiros de emprego na comarca de Betanzos, que beneficiarán a 40 persoas desempregadas, grazas a unha inversión de 360.000 euros.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe Oza-Cesuras, onde terá lugar un obradoiro para 20 alumnos en situación de desemprego, cun orzamento de 180.000 euros para as especialidades de viveirismo, xardinería e traballos forestais.

Ademais, a comarca tamén contará cun obradoiro para os concellos de Miño e Paderne, de xardinería e horticultura, tamén para 20 persoas e cun orzamento de 180.000 euros.

Beatriz Mato indicou que estes programas contan con numerosas vantaxes. En primeiro lugar, a posibilidade de acceder a un posto de traballo. Así mesmo, ofrece unha formación teórica e práctica “de calidade, orientada ás necesidades reais do mercado laboral e vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade de validez nacional” que contribúe á mellora da súa empregabilidade.

A titular de Traballo lembrou que esta iniciativa “abre un importante espazo de colaboración cos concellos” no marco da aposta da Xunta pola eficiencia e optimización de recursos, co obxectivo de “orientar adecuadamente os esforzos”. Dita colaboración permitiu, por exemplo, a futura posta en marcha da primeira escola infantil da rede A Galiña Azul do concello, en cuxa construción investiranse 400.000 euros.

Mato apuntou que esta escola “vai dar continuidade á aposta pola creación de prazas de educación infantil na comarca”. A Consellería puxo en marcha as escolas de Coirós e Betanzos en 2012 e a de Curtis en 2013. Estes tres centros ofertan, en conxunto, 155 prazas, que pasarán a ser 196 coa de Oza-Cesuras.

Beatriz Mato indicou que nos próximos meses poranse en marcha un total de 53 obradoiros por toda Galicia, que contarán cun investimento de máis de 10,2 millóns de euros e beneficiarán a preto de 1.300 persoas. En concreto, na provincia da Coruña financiaranse 15 obradoiros, que beneficiarán a 32 concellos, contarán con 315 alumnos e un investimento de 2,8 millóns de euros.

4 de xuño de 2014 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.