publicidade hoxe

‘Cultura no Camiño’ promove tres actividades culturais en Monforte, Quiroga e Ribas de Sil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMonforte de LemosQuirogaRibas de Sil
A-
A+

O programa Cultura no camiño 2014, impulsado pola Consellería de Cultura e Educación e Turismo de Galicia, promove tres citas culturais este mes na zona sur da provincia de Lugo, en torno ao Camiño de Inverno.

A primeira delas, será hoxe mesmo, ás 20.30 horas na casa da cultura de Monforte de Lemos. O grupo de teatro Fantoches Baj interpretará a obra teatral PUPL (Poesía Última de Lois Pereiro). PULP é un espectáculo de teatro de obxectos que está baseado en textos do recoñecido poeta Lois Pereiro, natural da localidade, con música en directo de Benxa Otero.

o segundo evento previsto para este mes, na zona sur, será en Ribas de Sil o vindeiro domingo 8 de xuño. Nesta xornada, o acto irá dedicado aos máis cativos coa representación de unha obra teatral infantil: ¿A que cheiran os contos?. Coincidindo coa festa da cereixa e do aceite da localidade, o grupo teatral Tarabelos terá entretidos aos nenos dende ás 20.00 horas coa súa obra. O emprazamento para a representación é o anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio, á beira do río Sil.

A terceira convocatoria do programa Cultura no Camiño 2014 terá lugar en Quiroga o 23 de xuño. Ás 20.00 horas o público infantil poderá ver como se desenvolve O paporrubio na granxa no parque da Constitución. Neste caso, a obra teatral será representada pola agrupación Seisdedos Títeres.

Ademais destas actuacións, o programa Cultura no Camiño 2014 ten previstas este mes representacións noutras localidades da provincia, como A Fonsagrada, Baleira, Begonte, Lugo e Vilalba.

6 de xuño de 2014 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.