publicidade hoxe

Culleredo recibe a Jesús López Cobos no II Batutas e Bastóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Conservatorio Municipal de Culleredo celebra mañá mércores 11 de xuño a segunda edición do encontro Batutas e Bastóns, coordinado e presentado polo profesor Marcos Seoane. Trátase dunha iniciativa do Concello de Culleredo, a través do Conservatorio, e da ANPA do centro.

Nesta ocasión, o encontro recibe a unha eminencia da música: Jesús López Cobos, director de orquestra que mesmo recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes. Batutas e Bastóns, que combina música e palabra, desenvolverase no auditorio do Conservatorio desde as 19.30 horas.

10 de xuño de 2014 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.