publicidade hoxe

Clausura de dous cursos de informática en Tordoia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+
Clausura cursos de informática en Tordoia

Clausura cursos de informática en Tordoia

O día 5 de  xuño foi a clausura de dous cursos de informática cunha duración de dúas horas/sesión e dous días a semana. Os cursos foron impartidos e organizados polo Concello de Tordoia  e tiveron unha duración de 60 horas. O obxectivo destes cursos e achegar ós alumnos uns coñecementos básicos á informática para que poidan defenderse a hora de manexarse co ordenador, meterse en internet, etc… proximamente faranse máis cursos de informática de iniciación ou de perfeccionamento para alumnos que teñan uns coñecementos previos. Calquer interesado en facer algún curso pode poñerse en contacto chamando a Casa de Cultura do Concello de Tordoia no 981683006 en horario de 16:00 a 21:00 horas.

10 de xuño de 2014 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.