publicidade hoxe

Clausura da escola de familia de Piñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa de que, mañá xoves 12 de xuño terá lugar a última sesión e clausura oficial da VI Escola de Familia, a escola de pais e nais municipal.

Dende o mes de xaneiro, mensualmente un grupo de pais, nais e persoas interesadas na educación dos cativos reuníanse para recibir formación en temáticas de especial relevancia. As sesións foron impartidas por profesionais de diferentes eidos:

– Os perigos de Internet
– Uso seguro das novas tecnoloxías
– Prevención da exclusión social
– Síndrome do emperador
– Abuso sexual infantil
– Acoso escolar

Mañá 12 de xuño chégase ó final desta edición, contando coa ponencia da Comandancia da Garda Civil de Ourense sobre o acoso escolar (detección e abordaxe). Unha vez rematada a sesión, realizarase a entrega de diplomas a tódolos asistentes, recoñecendo así a súa participación.

Este mesmo acto será aproveitado para a Axencia de Lectura Municipal, unha sala de lectura aberta ó público xeral pero, sobre todo, enfocada a fomentar a lectura na mocidade. Ademais de poder acudir para ler e consultar material da sala, tamén haberá préstamo de libros. Trala visita á instalación, presentaranse ó persoal voluntario que colaborará nesta iniciativa, un proxecto denominado LER&LECER e integrado dentro do Servizo de Voluntariado Xuvenil. Por último, entregarase tamén os certificados de participación do persoal voluntario do ano 2013.

11 de xuño de 2014 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.