publicidade hoxe

Cabanas Rural Asociación de Mulleres organiza unha tarde solidaria con música, baile, chocolate e manualidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Por quinto ano consecutivo, Cabanas Rural Asociación de Mulleres celebrará a súa Tarde Solidaria. Será este sábado, 7 de xuño e, con ela, a entidade quere volver a recadar fondos para colaborar co traballo que está a desenvolver AFAL Ferrolterra na comarca dende 1997 para mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e das súas familias. Unha Tarde Solidaria cargada de emocións, sentimentos e momentos inolvidables na que a música, o baile e as manualidades en directo serán os grandes protagonistas. Nesta liña, a presidenta de AFAL, Milagros Prieto, quere agradecer en nome da asociación o traballo, empeño e ilusión de Cabanas Rural.

Trátase dunha cita imprescindible que dará comenzó este sábado no pavillón de Lavandeira a partires das 16,30 horas con entrada libre e gratuíta. Neste contexto, os usuarios do Centro de Día Terapéutico de AFAL Ferrolterra terán un papel máis que destacado, xa que serán os encargados de inaugurar as actividades previstas xunto coas mulleres que participan no taller de manualidades de Lavandeira. Conxuntamente, realizarán un cadro. Precisamente, a idea de celebración desta tarde parte deste taller e dos seus participantes. E é que a través da súa monitora María Porto, Cabanas Rural materializou as ideas que partiron deste grupo. ¿O resultado? Cinco anos de amizade entre Cabanas Rural e AFAL.

A cita estará amenizada unha vez máis pola música de Tuna, gracias a un grupo de amigos que virán dende Santiago ataviados coas capas cheas de cintas, regalos de nais, amigas ou mozas, escudos que indican os festivais nos que participaron ou lugares polos que pasaron. Signos que nos amosan a súa veterana vida como tunos. Todos eles farán que a tarde sexa máis agradable, amena e pracenteira.
A media tarde os asistentes poderán disfrutar dunha merenda a base de chiculate e biscoitos. O baile virá da man da academia FUSION DANCE, de Fene, que realizará unha fermosa exhibición dalgunhas das modalidades que nela se practican. Neste sentido hai que destacar aos grupos de competición que este ano xa comezaron a moverse pola xeografía española, participando en diferentes certames e obtendo algún que outro merecido galardón. Estes grupos son: LA CREW MA, BREAK DANCE STYLE O LITTLE SWAG. A eles sumaránse os bailes de salón, latinos ou mesmo baile deportivo ou de competición.

En definitiva, unha tarde creada con moito agarimo, esmero, traballo, ilusión… na que se conta con moitos colaboradores, grandes e pequenas empresas, persoas anónimas, o Concello… e todos e cada un dos que o vindeiro sábado 7 de Xuño se achegarán un ano mais. Unha xornada intensa, cargada de emocións, creada con moito cariño e un respeto inmenso. Tarde divertida, trepidante, sensacional… con un montón de agasallos que nos axudarán a contribuír coa labor que AFAL Ferrolterra realiza na comarca. E tarde que AFAL non pode máis que agradecer de todo corazón a Cabanas Rural.

5 de xuño de 2014 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.