publicidade hoxe

Bolmente celebra as festas de San Antonio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local de Sober colabora coa celebración esta fin de semana das Festas de San Antonio de Bolmente. A romaría comeza o venres día 6 ás dez da noite cunha pancetada gratuíta e baile a cargo do grupo D’Momento.

O día 7 haberá unha misa con procesión a partir das 13:30 horas e ao remate levarase a cabo a sesión vermú. Tamén haberá baile de tarde noite coa Orquestra Nevada e o dúo Bandoneón.

O domingo día 7 haberá misa con procesión ás 13:30 horas e sesión vermú a cargo dun grupo de música tradicional.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas e aos que se acheguen á localidade a participar nunha das primeiras festas da época estival.

5 de xuño de 2014 | 11:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.