publicidade hoxe

Barallan como hipótese do incendio do camión de lixo a vinculación coa folga en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVilalba
A-
A+
Europa Press

Os investigadores barallan como principal hipótese do incendio dun camión de recollida de lixo na madrugada deste xoves no municipio lucense de Vilalba a súa vinculación coa folga indefinida dos traballadores en Lugo.

Así, fontes da investigación indicaron que todos os indicios sobre o incendio que calcinou a cabina e a “metade” da caixa dun camión de tres eixos de Urbaser en Vilalba apuntan ao paro que manteñen os traballadores desta empresa na cidade de Lugo desde fai 17 días.

Neste sentido, fontes da investigación vinculan a este conflito o incendio do camión, e así admiten que os primeiros indicios conducen a esa hipótese, que é a principal que manexa a Garda Civil.

Unha unidade de Seguridade Cidadá e outra da Policía Xudicial da Garda Civil de Lugo tratan de esclarecer o ocorrido. O incendio rexistrouse minutos antes das 5,30 horas nun camión estacionado na rúa Castelao de Vilalba.

26 de xuño de 2014 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.