publicidade hoxe

Autorízase ao Concello de Ribadeo a contratación anticipada de socorristas para o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRibadeo
A-
A+

A xefatura de Traballo e Benestar da Delegación Territorial de Lugo ven de comunicar no día de hoxe ao Concello de Ribadeo a autorización para a contratación anticipada de dez socorristas para desenvolver o seu labor nos areais da localidade durante a campaña de verán.

A autorización comunicada no día de hoxe formalizouse coa maior axilidade, logo de que o Concello de Ribadeo remitise a xustificación de actuacións realizada con cargo ao programa de Cooperación do ano 2013, tal e como se establecen nas bases da orde deste ano 2014, para a disposición da subvención. O departamento da Xunta financiará cunha achega de 30.000 euros a contratación destes profesionais de socorrismo.

O concello ribadense súmase así a outros seis concellos costeiros da comarca da Mariña que teñen xa en marcha o proceso para a selección de persoal tras serlles autorizada a semana pasada a contratación de persoal de auxilio e socorro para as praias a través dos programas de cooperación.

Nesta situación atopábanse os concellos mariñaos de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, O Vicedo e Xove. Deste xeito, a Consellería de Traballo e Benestar ten autorizada xa a contratación de 78 socorristas na comarca da Mariña de cara a campaña de verán, a través dun investimento de 232.858 euros.

24 de xuño de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.