publicidade hoxe

As obras de abastecemento en Piñeiros e Broullón entrarán en servizo nos vindeiros meses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoaña
A-
A+

As obras de abastecemento de auga a Piñeiros e Broullón, no Concello de Moaña, que foron executadas pola Xunta mediante a achega de máis de 885.000 euros, poñeranse en funcionamento nos vindeiros meses coa realización dun proxecto municipal para a execución da rede de distribución. Así o explicou hoxe o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, na súa intervención na Comisión 2ª Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.

Cómpre lembrar que Augas de Galicia executou estas obras con obxecto de que fosen explotadas polo Concello de Moaña. Neste senso, o Concello vén de redactar un proxecto para a execución da rede de distribución, o que permitirá a posta en servizo da obra executada pola Xunta.

A actuación é o abastecemento de Auga a Broullón, redactada polos servizos técnicos municipais do concello e permitirá prover deste servizo a todos os veciños do núcleo de Broullón, executándose toda a actuación por terreos municipais, o que garante a viabilidade da actuación. Toda a rede de distribución, cunha lonxitude de 1.592,15 metros, realizarase en tubaxe de polietileno de alta densidade de diámetro 75 mm.

O director de Augas de Galicia indicou que “o orzamento desta última actuación ascende a máis de 92.000 euros e o prazo de execución unha vez adxudicadas as obras, de dous meses, polo que se prevé que a obra executada pola Xunta de Galicia poida estar en explotación nun prazo de poucos meses, cumprindo polo tanto os prazos previstos para o peche do programa operativo”. O concello prevé contar co financiamento por parte da Deputación Provincial de Pontevedra no marco do seu Plan urxente de mantemento do servizos e infraestruturas 2014.

Augas de Galicia ten previsto contribuír, ademais, a facilitar a xestión das novas infraestruturas hidráulicas, para as que houbo un salto cualitativo en canto a súa dimensión e calidade. A pesar de que a Xunta non é un operador da auga, a través da normativa derivada da Lei de Augas de Galicia si que pretende intervir no aseguramento destas cuestións. A Xunta comezou coa publicación do regulamento marco de saneamento e depuración, e quere afondar aínda máis co impulso do chamado Pacto Local da Auga, co obxecto de establecer referencias para a organización e explotación dos servizos do ciclo da auga.

5 de xuño de 2014 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.