publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As obras da nova EDAR para mellorar o servizo de saneamento chegan ao centro urbano de Portomouro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

As obras da novo EDAR de Val do Dubra, no río Tambre e Dubra, trasladáronse estes días ao núcleo urbano da localidade de Portomouro. A empresa Espiña Obras Hidráulicas está a acometer na vía principal a mellora do servizo de saneamento, que dotará aos núcleos de Xermán, Portomouro e A Igrexa dunha nova rede separativa de augas residuais, que conectará coa existente e conducirá as augas á nova EDAR para evitar as verteduras directas aos ríos Dubra e Tambre.

Desde hai varios días e ata que finalice esta obra está instalado na vía principal de Portomouro un semáforo que regula o tránsito de vehículos e permite aos operarios facer o seu traballo. O proxecto de saneamento inclúe a instalación duns novos colectores de PVC en ambas as marxes da travesía de Portomouro. No resto do trazado disporanse polo eixo da calzada. Tamén será preciso executar dous bombeos na nova rede, un para recoller as augas residuais do colexio, que actualmente verten ao río Dubra, e outro na rúa Rueiro para recoller as residuais da zona sur do núcleo de Portomouro.

Todas estas obras están incluídas no proxecto da futura Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Portomouro, no Concello de Val do Dubra. As obras marchan segundo os prazos previstos e o proxecto podería estar acabado a final do verán. Os traballos suporán a instalación de tres quilómetros de colectores, 93 pozos de rexistro e 6.400 metros cúbicos de escavación.

27 de xuño de 2014 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.