publicidade hoxe

As bibliotecas de Muxía organizan a campaña de verán “Libros como area”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

O Concello de Muxía, xunto coas Bibliotecas de Muxía lanza a campaña de animación á lectura “Libros como area”. Esta campaña é froito do traballo conxunto que se ven realizando entre as bibliotecas dos Centros Educativos de Muxía e a Biblioteca Municipal. Ao longo do ano, este grupo de traballo mantén reunións para coordinarse e levar a cabo actividades conxuntas que redunden en beneficio dos nenos e nenas do municipio.

Neste caso, a campaña de verán inclúe un folleto de recomendación de lecturas (que imprime a Deputación da Coruña) e a edición por parte do Concello de Muxía dunhas mochilas para ser utilizadas polas bibliotecas escolares e municipal, para enviar lecturas de verán aos rapaces. As mochilas se reutilizarán para outras campañas de animación á lectura.

A campaña leva por nome LIBROS COMO AREA, utilizando unha expresión moi muxiá.

18 de xuño de 2014 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.