publicidade hoxe

Amarai organiza unha excursión á Mariña lucense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaMelide
A-
A+

A asociación Amarai de persoas con discapacidade das comarcas de Arzúa e Terra de Melide organiza unha excursión con destino aos concellos lucenses de Viveiro e O Vicedo. A saída será ás 9:00 horas do sábado, 7 de xuño, dende a entrada principal do edificio Terra do Queixo de Arzúa e o regreso estaría previsto para as 22:00 horas.

As visitas programadas serían ao centro de arte Regal Xunqueira para contemplar a cerámica que alí fabrican. Tras xantar no restaurante Boavista sobre as 14:15 horas, desprazaranse ata a praia de Abrela no concello de O Vicedo, un areal accesible para as persoas con mobilidade reducida e dotada de cadeiras anfibias que permitirán o baño a quen o desexe.

Esta excursión é unha actividade aberta a calquera persoa que queira participar, custando 25 euros para as persoas socias con discapacidade, 30 euros para as persoas socias sen discapacidade e 39 euros para as persoas non socias da entidade. A contía inclúe tanto a viaxe en autobús adaptado como o xantar e a visita ao centro de arte.

Aínda hai prazas dispoñibles para as persoas interesadas en participar nesta saída, co que habería que contactar coa entidade Amarai 981 50 08 23 ou o 663 89 94 28

3 de xuño de 2014 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.