publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activos sendos incendios forestais en Rubiá, nas parroquias da Veiga de Cascallá e do Porto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRubiáSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo arestora no municipio ourensán de Rubiá, na parroquia da Veiga de Cascallá, que non afecta ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

O lume iniciouse ás 15:30 horas e, segundo estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nos traballos de control deste incendio participan 1 axente forestal, 2 brigadas, 1 motobomba e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Por outra banda, infórmase dun segundo incendio forestal activo arestora no municipio ourensán de Rubiá, na parroquia do Porto, que tampouco afecta o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

O lume iniciouse ás 15:38 horas e, segundo estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nos traballos de control deste incendio participan 3 axentes forestais, 6 brigadas, 1 motobomba, 6 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

17 de xuño de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.