publicidade hoxe

Actividades para o verán en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

A Concellería de Cultura e Deporte xunto coa de Servizos Sociais do Concello de Cabanas xa ten lista a programación para este próximo verán que está comezando. Como todos os anos, dende o consistorio municipal tense previsto levar a cabo diferentes campamentos e actividades que sirvan para ofertar alternativas de ocio e tempo libre ós máis mozos do municipio ó tempo que axuden a conciliar a vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Cabanas.

Desta forma, e en colaboración coa Deputación da Coruña, organizarase unha ludoteca de verán dentro do programa Cabanas Concilia. Os destinatarios desta actividade son os nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres e os doce anos. A mesma dará comezo o próximo 1 de xullo e rematará o 29 de agosto, tendo como prazo de inscrición ata o próximo venres 20 de xuño. A ludoteca empezará ás 9:30 horas e rematará as 14:30 horas inda que os interesados poderán acollerse ós servizos de madrugadores e de xantar, cun custe adicional. Esta previsto que se organicen diversos xogos populares, dentro dun programa co que se pretende recuperar xogos tradicionais transmitidos de xeración en xeración. Tamén se organizarán obradoiros de teatro, conta-contos e música así como manualidades e un aula da natureza e unha cociña creativa.

Os maiores tamén terán o seu propio espazo. Así os nenos e nenas con idades entre os trece e os dezasete anos poderán tomar parte no campamento xuvenil, unha actividade que se vai desenrolar entre o 14 de xullo e o 15 de agosto e cuxo prazo de inscrición rematará o día 30 de xuño. O horario desta actividade será de 10:00 a 14:00 horas e entre os diferentes obradoiros que se organizaran hai un de artesanía e pulseiras, outro de construción de malabares así como un de xornalismo e novas tecnoloxías.

Tamén o Concello de Cabanas vai organizar un ano máis o seu campamento deportivo, para nenos e nenas a partir de cinco anos, entre o 1 de xullo e o 29 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 horas e cuxo prazo de inscrición rematará este venres 20 de xuño.

As prazas para todas estas actividades son limitadas, tendo prioridade os nenos e nenas empadroados no Concello de Cabanas. No caso de que houbera máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo. A cota para cada unha das actividades é de 40 euros por participante no caso de que se faga de forma quincenal ou de 65 euros sendo mensual. Coma sempre os interesados poderán recadar máis información nos departamentos de Servizos Sociais e de Cultura e Deporte do Concello de Cabanas ou no teléfono 981 49 59 59.

16 de xuño de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.