publicidade hoxe

A Xunta investirá 150.000 euros en Melón para o acondicionamento do viario público de Quins

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelónOurense
A-
A+
Sinatura do convenio do Plan Hurbe. Foto: X. Crespo

Sinatura do convenio do Plan Hurbe. Foto: X. Crespo

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a alcaldesa de Melón, Cristina Francisco Vílchez, asinaron un convenio de colaboración polo que se executarán as obras de lastrado do viario público en Quins, neste concello ourensán. A Xunta de Galicia asumirá o 100 por cento das obras, 150.000 euros, mentres que a Administración local será a encargada de redactar o documento técnico e de contratar e executar as obras.

Trátase de mellorar o estado deste viario público no núcleo rural de Quins que comunica a N-120 coa igrexa de Quins, edificación singular de fins do s. XVI.

Dende a Consellería de Medio Ambiente destácase que a materialización desta actuación está xustificada polo feito de que o núcleo de Quins alberga unha das maiores concentracións de hórreos de Galicia. Tamén presenta unha serie de elementos catalogados de enorme valor etnográfico como cruceiros, casas de tipoloxía tradicional, unha casa reitoral, lavadoiros, etc.

Así, as obras consistirán no lastrado mediante lastra de granito moreno, na colocación de rígola recta de granito moreno totalmente serrada, a extensión dunha soleira de formigón e no enterramento das liñas de alumeado público para humanizar o contorno.

Esta actuación está enmarcada dentro do Pla Hurbe que ten entre os seus obxectivos poñer en valor os espazos públicos, ao tempo que melloran a calidade de vida dos veciños.

O Plan Hurbe supuxo entre 2009 e o 2014 destinar aos concellos galegos un investimento de 90.224.122,06 euros, para a execución nestes 5 anos de 79 actuacións, entre urbanización e humanización de rúas e espazos públicos e dotación de equipamentos públicos, nun total de 67 concellos das 4 provincias.

9 de xuño de 2014 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.