publicidade hoxe

A Universidade Laboral de Culleredo leva a cabo un proxecto europeo de enerxía eólica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+

Durante os días 9, 10 e 11 de xuño desenvolveuse no IES Universidade Laboral de Culleredo un curso piloto de electricidade básica para o mantemento de aeroxeradores. Trátase dunha acción enmarcada dentro do proxecto Leonardo da Vinci TOI (Transfer of the Innovation), financiado con fondos europeos ATTP Wind Energy (Adapting a Transparent Program for Wind Energy).

A concelleira de Educación, Carmen Varela, clausurou no mediodía de hoxe a acción, conxunta con outros países de Europa. En concreto, o IES Universidade Laboral desenvólveo con centros de Dinamarca, Reino Unido, Alemaña e Suecia.

O proxecto consistiu na elaboración dunha formación básica, transparente e recoñecida para o mantemento de aeroxeradores. Durante este ano estanse desenvolvendo outros cursos piloto nos países socios.

O Concello de Culleredo, a través do centro municipal Pablo Picasso, participou na selección dos candidatos en paro para realizar o curso piloto. Esta formación realízase baixo a supervisión dos principais fabricantes de aeroxeradores: Vestas, Siemens, Gamesa, Enercon e Dong Energy.

Os responsables do IES explicaron a Varela o bo nivel de adquisición de coñecementos dos participantes no curso. A concelleira felicitou ao instituto por lograr este programa europeo que “responde á calidade do ensino que vén impartindo”.

11 de xuño de 2014 | 16:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.