publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica detén a catro persoas na comarca do Deza coma presuntos autores de tres incendios forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDozónLalínLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

No marco dun operativo conxunto entre a Policía Autonómica, Garda Civil de Lalín e persoal dos Distritos Forestales de Ribeiro-Arenteiro (Ourense) e Deza-Tabeirós (Pontevedra), detivéronse a dúas persoas e imputáronse a outras dúas coma presuntos autores de incendios forestais na comarca do Deza.

Os detidos son veciños de Dozón (Pontevedra), e operaban nesta localidade e nas poboacións cercanas. Están acusados de provocar intencionadamente tres lumes que afectaron a unha superficie de maís de 20.000 metros cadrados de monte arborado e raso.

Polos feitos foron instruídas dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Lalín (Pontevedra).

3 de xuño de 2014 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.