publicidade hoxe

A mellora da calidade da auga do río Umia custará preto de 300.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoraña
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anuncia hoxe no Diario Oficial de Galicia a licitación de varias obras hidráulicas no Concello de Moraña por un valor de 280.870 euros.

Estes proxectos en materia de saneamento e elaborados dende Augas de Galicia buscan mellorar a calidade das augas do río Umia a través do desenvolvemento de varias actuacións que eliminarán infraestruturas hidráulicas obsoletas de saneamento e depuración mediante as conexións das redes ao sistema de saneamento principal de Moraña.

O primeiro dos contratos centrase en dous actuacións que se desenvolverán en tres meses e nas que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inviste 198.621 euros.

A primeira é a eliminación da Fosa de Casal e conexión das augas residuais alí recollidas á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Moraña. Así mesmo, a esta fosa conectaranse as redes de saneamento de Fontenla, Penagrande e Querguizo, de recente execución por parte de Augas de Galicia.

A segunda actuación deste contrato céntrase no remate da rede de saneamento do núcleo da Igrexa coa instalación dun colector para recoller as augas residuais de varias vivendas e conectalas á rede existente.

Traballos na fosa de O Couto
O segundo dos contratos licitados hoxe conta cun orzamento de 82.249 euros co obxectivo de eliminar no período de un mes a EDAR prefabricada de O Souto e incorporación das augas residuais alí recollidas á rede de saneamento de Moraña e, polo tanto, á EDAR de Moraña.

Estes traballos consistirán na instalación dun colector entre a fosa existente de O Souto e o novo pozo de bombeo que se construirá para a eliminación do punto de vertedura actual. A continuación, procederase á construción dun pozo de bombeo para impulsar as augas residuais recollidas neste punto ata a rede de saneamento existente, que finalmente evacuará as augas á EDAR de Moraña, conxuntamente co caudal da zona de O Casal.

20 de xuño de 2014 | 14:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.