publicidade hoxe

A iniciativa turística Pazos do Apóstolo porá en valor o patrimonio histórico e gastronómico de Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVedra
A-
A+
Presentación de Pazos do Apóstolo

Presentación de Pazos do Apóstolo

Co obxectivo de descubrir ao visitante unha completa viaxe pola lenda e a gastronomía de Galicia, Pazo de Vista Alegre acaba de pór en marcha Pazos do Apóstolo, un completo tour turístico no que se integran catro dos principais pazos de Galicia: Pazo do Faramello, Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, Pazo de Galegos e Pazo Vista Alegre, este tres últimos no Concello de Vedra. Unha iniciativa nova que xa está a se comercializar en países como China ou Xapón.

Coa colaboración do Concello de Vedra e a Deputación da Coruña, esta iniciativa implica así a este tres pazos do municipio, unidos ao Pazo do Faramello, en Rois, pola historia do Camiño de Santiago, xa que os de Vedra atópanse atravesados pola Vía da Prata e o de Faramello polo Portugués. Sen esquecer os lazos de familias que fixeron destas propiedades punto de encontro e residencia de ilustrados, novelistas, pensadores e cóengos da Catedral como Antonio López Ferreiro, a familia de Ortega e Gasset, o Marqués de Piombino, ou a do cóengo da Catedral de Santiago, Juan Ibáñez de Mondragón, entre outros.

Con este proxecto preténdese, en definitiva, articular unha oferta turística ampla e exquisita, nun municipio onde se atopa unha das maiores concentracións de pazos de Galicia. A visita a estas antigas residencias señoriales rodeadas de señoriales xardíns permitirá aos visitantes construír unha experiencia en torno ao Camiño de Santiago e a lenda da translación do corpo do Apóstolo a Compostela, na que non faltará tampouco a excelente gastronomía galega e a música.

Pazos do Apóstolo permite, ademais, crear unha proposta de lecer flexible, xa que poden visitarse os pazos como conxunto ou por separado, concluíndo a xornada cunha romaría na que non faltarán gaiteiros e Conxuro da Queimada. Boa música, boa comida e boa xente, en definitiva, nunha visita orientada tamén a visitantes procedentes doutros países, xa que a información de proxecto ofrécese tamén en inglés, francés, alemán, italiano e, mesmo, chinés e xaponés, xa que a difusión deste produto turístico está a facerse tamén fóra das nosas fronteiras.

Lugares con historia e lugares de lenda non faltarán nesta viaxe de redescubrimiento de Galicia nin a historia da Raíña Lupa ou o Dragón do Pico Sacro. Historias e lendas que non están rifadas coas novas tecnoloxías, xa que toda a información de Pazos do Apóstolo están accesibles a través dunha web propia e nas redes sociais como Facebook e Twitter, sen esquecer que en breve contará cunha aplicación móbil específica que lle permitirá aos visitantes consultar dúbidas e información sobre os lugares visitados en tempo real.

26 de xuño de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.