publicidade hoxe

A Guía Peñín visita a D.O. Monterrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterreiVerín
A-
A+

Os catadores da Guía Peñín, Javier Luengo e Pablo Vecilla, celebraron esta tarde unha cata dedicada aos viños de Monterrei na que participaron un total de 43 viños, con representación da práctica totalidade das adegas inscritas na Denominación de Orixe.

A mostra reuniu unha representación das principais elaboracións que alberga a denominación, con 25 viños brancos, 17 da colleita 2013 e 8 da colleita 2012, para así poder analizar a súa evolución en botella. Da colleita 2013, sinalaron que a pesar das inclemencias climáticas ocorridas durante a última fase de maduración do froito, “o viño resultou equilibrado e conseguiuse potenciar o seu frescor e viveza”, no que ás elaboracións brancas refírese. Destacaron ademais nestes viños o seu carácter balsámico e continental.

No que respecta aos viños tintos de Monterrei, a cata reuniu un total de 18 referencias, 8 de 2013, 7 da colleita 2012, dous viños de 2011 e un de 2010; convivindo nesta mostra viños novos con elaboracións sometidas a un proceso de maduración en barrica. Tanto Javier como Pablo coincidiron en “o gran potencial dos viños tintos de Monterrei”, e na súa “capacidade de crecemento”. Destacando neles novamente, o seu carácter balsámico e o seu gran mineralidad, o que sumado a unha marcada influencia continental, engaden os catadores, suma un aspecto diferenciador a estes viños respecto da oferta galega, o que indican “pode favorecer o posicionamento das elaboracións tintas de Monterrei”.

A cata de hoxe supón unha nova marca para a denominación, ao haberse rexistrado o maior número de mostras participantes na comparativa respecto de anos anteriores desta cita. Os catadores non ocultaron o seu asombro pois o índice de participación duplicou en 2013 as cifras da anterior edición. É sen dúbida, unha mostra do crecemento que está a experimentar a Denominación de Orixe Monterrei, así como a aposta dos produtores por incrementar a representación dos viños de Monterrei nunha das guías de viños de maior prestixio en España, con importante proxección e influencia ao abordar proxectos en mercado exterior.

5 de xuño de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.