publicidade hoxe

A Escola de Música O Pallarego realiza un certame de canto para escolares de Mondoñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedo
A-
A+

A Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo realiza un certame de canto para escolares de infantil, primaria, secundaria e Bac. Todos os interesados poden entregar as inscripcións no seu centro educativo ou na Escola de Música. O certame divídese en tres fases.

1 FASE

Probas de selección entre todos os participantes inscritos ( escolares de infantil, primaria, secundaria e Bac.) (Máximo de inscricións 50)

Cada inscrito interpretará unha canción de libre elección ao xurado que estará composto por tres membros e no que dous serán mestres da Escola de Música.

Desa proba de selección se escollerán a 20 concursantes que pasarán á segunda fase.

As probas de selección dividiranse en tres grupos de: Grupo 1 con 17 participantes, grupo 2 con 17 participantes e grupo 3 con 16 participantes. Celebraranse o venres día 13 de xuño a partir das 18:00 horas.

As listas e horarios de admitidos a este certame exporanse ao público na Escola de Música o xoves 12 de xuño a partires das 16:30 horas. Tamén poderán facer consulta nos seguintes números de teléfono dende ese mesmo día e hora: 677 83 88 12 / 607 42 37 21.

As inscricións realizaranse nun folleto que se poderá recoller nos centros de ensino e que será entregado na conserxería dos mesmos antes das 15:00h. do día 11 de xuño de 2014. Non serán válidas as inscricións mal cubertas ou ilexibles.

2 FASE

Nesta fase os concursantes seleccionados recibirán, clases de canto, técnicas de gravación en estudio, relaxación para músicos, posta en escena e técnicas de superación do medo escénico, nas instalación da Escola de Música.

As clases serán os mércores de 19:30 a 21:30 e os venres de 18:00 a 20:00 horas durante o mes de xuño. (Estes horarios poderían sufrir algunha modificación en función dunha mellor organización nos horarios lectivos da Escola de Música). Farase unha semana de convivencia intensiva os días 7, 8, 9, 10 e 11 de xullo en horario de mañás.

Nesta fase os concursantes terán un tema común posto pola organización e outro que escollerán de entre unha selección de temas proposta polo xurado e que interpretarán no concerto final. ( A organización reservase o dereito a expulsar a aquel/es concursantes que non aproveiten de xeito manifesto as actividades propostas)

  1. FASE.

Concerto final de todos os participantes seleccionados. Haberá unha votación do público na que se escollerán as tres mellores interpretacións, as cales recibirán un agasallo.

O concerto celebrarase o día 11 de xullo de 2014 no Auditorio Municipal ás 20:30 horas.

Un dos atractivos da segunda fase son as actividades nas que está a traballar a Escola de Música, coma unha viaxe a un estudio de gravación con visita didáctica guiada, na que os escolares poderán disfrutar de todo o saber dos técnicos de gravación.

12 de xuño de 2014 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.