publicidade hoxe

A Deputación de Lugo acondiciona a contorna do centro escolar de Riotorto con 8.200 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoRiotorto
A-
A+

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada polo Tenente Alcalde do Concello de Riotorto, José García Freije, supervisou este xoves os traballos realizados na zona escolar do Concello de Riotorto. AS actuacións, financiadas o 100% pola Deputación con case 8.200 euros de presuposto, consistiron na colocación dunha varanda de 80 de lonxitude no acceso ó colexio, para salvar o desnivel que existía nesta rúa e evitar deste xeito posibles accidentes dos máis de 50 alumnos que utilizan este acceso. Os traballos que a organización provincial levou a cabo nas inmediacións do colexio foron solicitados formalmente polo Concello de Riotorto, despois de que pais, nais e alumnos lle trasladaran persoalmente ó Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, nunha visita do titular provincial ó Concello esta mellora.

Os traballos realizados na zona consistiron na instalación dunha varanda de 80 metros de lonxitude formada por piares metálicos de 80 centímetros de alto, que garantirá a seguridade na contorna do acceso ó colexio ó salvar un grande desnivel perigoso para alumnos, docentes e familiares, que se achegan diariamente a esta zona. 

Outras actuacións
Con estas actuacións, a Deputación continúa a mellorar as dotacións públicas dos Concellos da provincia, especialmente na zona do rural, e máis concretamente nesta caso da comarca mariñana. De feito, o pasado mes de marzo, o organismo provincial acondicionou accesos a colexios de Lourenzá, Burela e Barreiros, Concellos nos que se executaron máis de 11 intervencións que contaron cun orzamento de 79.000 euros. Con estas actuacións a Deputación atende directamente ás demandas dos veciños, mellorando a súa calidade de vida ó investir en dotacións básicas ó tempo que lle aforra cartos ós Concellos. Estas actuacións activan tamén a economía local, fomentando a o emprego das empresas da zona.

19 de xuño de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.