publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña financia a construción dun centro sociocultural no Pino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaO Pino
A-
A+

A Deputación da Coruña financiará con 161.268,80 euros a construción dun local sociocultural en Santiso, na parroquia de Castrofeio, municipio do Pino. A partida da institución provincial representa o 80% do orzamento total, de 201.586 euros.   

Este convenio, aprobado no último Pleno provincial, vén confirmar o compromiso desta Deputación co proxecto, xa que anteriormente financiou tamén o 80% do investimento necesaria para a adquisición das parcelas onde se executará o centro. En concreto, adquiríronse por 119.648,74 euros (95.718,99 correspondentes á institución provincial) dous predios de 686 e 618,50 metros cadrados, xa urbanizados e con todos os servizos, incluídas as beirarrúas.

Agora, ademais, colaborará na construción do novo edificio, que terá unha única planta baixa, dúas aulas, almacén, recepción e aseos adaptados. O prazo de execución será de catro meses dende o momento da adxudicación da obra.

4 de xuño de 2014 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.