publicidade hoxe

A Cova do Rei Cintolo reabre as súas portas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedo
A-
A+

Esta fin de semana a Cova do Rei Cintolo volta abrir a porta para recibir a todas as persoas que desexen realizar unha visita turística pola cavidade máis grande de Galicia.

Neste mes de xuño tan so abrirá as fins de semana, será  a partir do 2 de xullo cando as visitas veránse ampliadas, quedando os días e horarios da seguinte maneira para os meses de xullo, agosto e setembro:

Mércores a venres: 12.00 horas e 17.00 horas

Sábado e domingo; 12.00 horas, 17.00 horas e 18.30 horas

Lembramos que para levar a cabo a visita deberase chamar con antelación á Oficina de Turismo de Mondoñedo; 982 507177. O prezo por persoa son 15 €, os grupos para entrar son minímo de catro e máximo de dez. Recomendase traer unhar roupa vella, calzado de goma e unha muda, o resto do material é aportado pola organización.

11 de xuño de 2014 | 11:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.