publicidade hoxe

A chuvia non amedrentou aos 200 afeccionados ao ciclismo que participaron na V Ruta Río Ulla en BTT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTouro
A-
A+
Saída da proba

Saída da proba

A chuvia non amilanou aos máis de 200 afeccionados ao ciclismo na natureza que participaron hoxe, 21 de xuño, na V Ruta Río Ulla en BTT en Touro. A auga fixo presencia xusto no inicio da proba, ás 16.00 horas. Os participantes situáronse puntualmente na meta, instalada diante da sede do Concello de Touro, para tomar a saída. Antes de iniciar a ruta polas pistas os máis de 200 ciclistas percorreron as rúas de Fonte Díaz. Logo xa comenzaron o percurso que os levou polas paraxes máis fermosas da comarca de Santiago. Os participantes percorreron 40,5 quilómetros por plena natureza e acompañando o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro.

A ruta, xa consolidada no calentario de probas de BTT, tiña unha calificación de dificultade técnica/física: media/alta. Tamén houbo unha ruta corta de 29 quilómetros. O Concello de Touro, organizador da proba, repartiu premios para todos os participantes. Colaboraron tamén na organización Coca-Cola, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e as Casas de Turismo Rural de Touro. Tras a proba, tras casi cinco horas de ruta, sorteáronse catro fins de semana para dúas persoas nos siguentes establecementos hoteleiros do Concello de Touro: A Pena de Augasantas, Casa Míguez, Pazo de Andeade e Divina Pastora.

21 de xuño de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.