publicidade hoxe

A Carpa Xplora Xuventude visitará aos xóvenes de Bergondo e Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoCarralXuventude
A-
A+

A Carpa Xplora Xuventude desprazarase mañá ata Bergondo e Carral co fin de achegar aos mozos e mozas os recursos e programas dirixidos á mocidade, e de facilitar asesoramento por parte de técnicos especializados a aqueles que estean interesados.

No caso de Bergondo, a carpa estará presente entre as 16,00 e as 18,00 horas. Estará situada no CPI Cruz do Sar. Pola súa banda, en Carral a carpa abrirá desde as 19,00 e ata as 21,00 horas, e estará situada no campo da feira.

O obxectivo desta iniciativa é de achegarse aos mozos e mozas a pé de rúa, aproveitando eventos con gran afluencia de público mozo.

A campaña desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que ademais de información de interese, estas carpas pretende ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

13 de xuño de 2014 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.